ATELIER
  • ATELIER
  • QUE FACEMOS
  • QUEN SOMOS
  • BITÁCORA
  • CONTACTA

QUE FACEMOS

ATELIER é un estudo de arquitectura e urbanismo con sede en Galicia, especializado en obra nova,  espazos urbanos, rehabilitación e retail,
​cunha ampla experiencia en realización de informes, direccións de obra e xestión de proxectos.
ARQUITECTURA
​
Proxectos de edificación: obra nova, rehabilitación e reforma de vivendas e edificios singulares.
Deseño interior e redistribución de espazos.
Xestión de proxectos (project management).
Dirección de obra.
​

URBANISMO
​
Traballamos e colaboramos na redacción das diferentes figuras de planeamento: planeamento xeral, plans parciais, plans especiais, estudos de detalle, proxectos sectoriais, modificacións puntuais, etc.
​

DESEÑO
​
Deseño interior e redistribución de espazos.
Proxectos de paisaxismo e deseño exterior.

​IMAXE CORPORATIVA E RETAIL
​
Encargámonos de todo o que teña que ver coa apertura do teu negocio: comunicacións previas, proxectos de actividade, licencias, deseño interior, decoración e xestión integral do proxecto.
Traballamos na imaxe de marca, o branding, a identidade visual e o deseño de mobiliario. Dende o necesario ata os pequenos detalles que marcan a diferenza.
​


​INFORMES E ESTUDOS
​
Realizamos todo tipo de informes técnicos e certificacións nuns plazos altamente competitivos:
-certificacións enerxéticas.
-ITE (inspeccións técnicas de edificios).
-estudos de mellora enerxética.
-tasacións e valoracións.
-xestión de estudos de presenza de radón.
-estudos lumínicos.
​-etc.


FOTOGRAFÍA DE ARQUITECTURA
​
Tanto se precisas unhas imaxes de calidade do teu negocio ou vivenda coma se queres publicar a túa obra, contáctanos para amosarche as nosas propostas.
​

ATELIER     ​QUEN SOMOS     BITÁCORA     ContacTA

contacta
Con tecnología de Crea tu propio sitio web único con plantillas personalizables.
  • ATELIER
  • QUE FACEMOS
  • QUEN SOMOS
  • BITÁCORA
  • CONTACTA